A Primavera Cultural deste ano, ofrece dúas fin de semanas repletas de música, color e lecer para públicos infantil e adulto, nunha aposta clara pola música como expresión cultural e artística.
SÁBADO, 12 DE ABRIL ÁS 21h NO AUDITORIO DE GOIÁN
PÍSCORE
Un concerto que transita entre o teatro a música barroca, a comedia e a participación do público, cunha exquisita banda sonora que combina pezas clásicas e composicións orixinais. Diversión e improvisación musical e teatral.
DOMINGO, 13 DE ABRIL ÁS 17.30h NO AUDITORIO DE GOIÁN
MARÍA FUMAÇA
O que xurdiu como un regalo de Nadal para Rui, un neno con parálise cerebral, da man da súa madriña a cantante galega Uxía Senlle e un grupo de amigos músicos, é hoxe unha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.
SÁBADO, 26 DE ABRIL ÁS 21h NO AUDITORIO DE GOIÁN
QUERIDO
Andrés Ferreiro, fillo de Iván Ferreiro (Los Piratas), e a súa banda encarnan a nova onda de música alternativa cunha seriedade e profesionalismo impresionantes. O grupo forxouse unha identidade musical forte, influída polo indie e a esencia clásica de rock progresivo.
DOMINGO, 27 DE ABRIL ÁS 17.30h NO AUDITORIO DE GOIÁN
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
Esta banda recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, facendo partícipe á xente presente deste “des-concerto” cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha sorpresa.
The post A Primavera Cultural deste ano, ofrece dúas fins de semanas repletas de música, color e lecer para públicos infantil e adulto, nunha aposta clara pola música como expresión cultural e artística appeared first on Concello de Tomiño.