Tomiño
Cambio de directiva en Protección Civil de Tomiño
Data de publicación: 04/04/2025
Parte do equipo de goberno reuniuse coa nova directiva de Protección Civil de Tomiño para coñecer de primeira man os seus proxectos e necesidades. Durante o encontro, quixeron expresar o seu agradecemento a Iván e Elsa (directiva saínte) polo gran traballo realizado ao longo destes anos, demostrando un forte compromiso coa seguridade e o benestar da veciñanza.
Así mesmo, os representantes do goberno local, desexaron moita sorte á nova directiva nesta etapa que se inicia, “confiando en que seguirán facendo unha labor exemplar en beneficio de toda a comunidade”.
Forman a nova directiva as seguintes persoas e cargos:
Alexandre Vázquez, xefe da agrupación
Braian Piñeiro, subxefe da agrupación
Juan José Rodríguez, secretario.
Ismael Silva, tesoureiro.
Carlos Pereira e Víctor Murga,vogales da agrupación.
The post Cambio de directiva en Protección Civil de Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.