Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Tomiño aposta pola música na súa Primavera Cultural 2025

Data de publicación: 01/04/2025

Tomiño leva a cabo unha claraaposta polas propostas musicais na súa Primavera Cultural. Música coral e de autor; espectáculos musicais para público infantil e adulto conforman a programación deste ano, na que tamén hai cabida, aínda que en menor medida, para a danza, a maxia e o teatro, sen esquecer a celebración do Mes da Muller (marzo), e das Letras Galegas (maio).


“Na nosa axenda cultural de primavera tentamos incluír unha serie de actividades variada e atractiva, que englobe diferentes xéneros artísticos, dirixidos na súa maioría, a un público familiar, pero este ano, fixemos ademais unha aposta decidida pola música nas súas distintas variantes, e agardamos que o público nos acompañe como vén facendo cada ano no auditorio municipal”, sinala a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.


No mes de abril, na fin de semana do sábado 12 e domingo 13, haberá teatro musical para persoas adultas, con “Molto Barroco” do grupo Píscore(12 de abril. 21.00h. Auditorio Municipal). Unha proposta que transita entre o teatro, a música barroca, a comedia e a participación do público.


Ao día seguinte (domingo 13, 17.30h, tamén no auditorio de Goián) continúa a música para cantar e bailar, con “María Fumaça”, unha proposta para público familiar. O que xurdiu como un regalo de Nadal para Rui, un neno con parálise cerebral, da man da súa madrina musical, a cantante galega Uxía Senlle, acompañada por outros músicos, é hoxe unha das propostas musicais infantís más populares en Galicia.


A seguinte fin de semana, chega o tradicional concerto de primavera da CoralPolifónica de Tomiño, con variado repertoriode cancións populares, clásicas e contemporáneas (domingo 20, 19.00h., auditorio).


Oprograma de actuacións musical continúa sábado 26 de abril, coa banda“Querido”,encabezada por Andrés Ferreiro, fillo do cantautor vigués Iván Ferreiro(21.00h. Auditorio). Este cuarteto encarna a nova onda de música alternativa con gran profesionalismo. Fundada en 2022, o grupo forxouse unha identidade musical influída polo indie e a esencia do rock,


E o domingo 27, “Uxía Lambona e a Banda Molona”, con troula e animación (27 de abril, 17.30h. Auditorio).Esta banda recolle clásicos populares galegos, facendo participar á xente, nun des-concertocheo de bailes, xogos, coreografías e sorpresas. As entradas poden adquirirse dende unha hora antes das funcións no propio auditorio.


A conmemoración do Día das Letras Galegas, o venres 17 de maio, como vén sendo habitual, traerá á Praza do Seixo diferentes actividades e obradoiros (de balde), entre as 10 e as 14 horas.


Por último, no mes de xuño, II Edición Festival Máxico de Tomiño, os días 20, 21 e 22, e tamén de balde.


Para a organización destas actividades e actos, o Concello contou coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Deputación de Pontevedra.



The post Tomiño aposta pola música na súa Primavera Cultural 2025 appeared first on Concello de Tomiño.