Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Apertura do prazo de presentación de solicitudes e documentación para os procesos selectivos do Plan + Provincia

Data de publicación: 26/03/2025

O día 26 de marzo de 2025 ábrese o prazo para a presentación de solicitudes e documentación acreditativa para os procesos selectivos de contratación temporal de persoas desempregadas só para as persoas que foron convocadas por carta pola Oficina de Emprego, no marco do Plan + Provincia, para a activación do emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2025 (Liña 3), para os postos que a continuación se indican:


-Peóns de Xardinería 11


-Peón de construción: 2


-Instalador/a electricista oficial 1ª: 1


-Mecánico/a de mantemento e reparación de automoción en xeral, oficial 2ª: 1


-Soldador/a de estruturas metálicas lixeiras, especialista: 1


-Técnico/a administrativo/a en xeral: 1


-Traballador/a Social: 1


-Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal Biólogo/a: 1


O prazo para presentación de solicitudes e demais documentación para todos os postos comeza o 26 de marzo e remata o 31 de marzo de 2025, EXCEPTO para o posto de Enxeñeiro/a Técnico/a Forestal Biólogo/a, para o cal o prazo comezará o 31 de marzo e rematará o 3 de abril de 2025.


O texto completo das bases poden consultarse nas oficinas xerais e de rexistro do Concello e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Tomiño, na seguinte ligazón:


https://tomino.sedelectronica.gal/board


The post Apertura do prazo de presentación de solicitudes e documentación para os procesos selectivos do Plan + Provincia appeared first on Concello de Tomiño.