Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego para acudir a ver o espectáculo de teatro A BURRA, A MESA E O PAU, en Santiago de Compostela con autobús de balde dende Tomiño

Data de publicación: 25/03/2025




O Concello de Tomiño ofrece unha vez máis a posibilidade de viaxar de balde a Santiago de Compostela para asistir á obra teatral “A burra, a mesa e o pau”.


A posta en escena, producida polo Centro Dramático Galego, conta coa dirección e dramaturxia de Lorena Conde e enmárcase dentro do programa “Subes ao autobús do teatro? dentro do Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego, coa colaboración da Xunta de Galicia.







Data: xoves,3 de abril de 2025


Hora de saída: 15:00h


Lugar de saída: Rotonda Avda. República Arxentina


Hora de chegada: 16.45h


Hora da función: 18:00h (duración aprox. 90 minutos). Hai que estar na porta do Salón Teatro ás 17.40h


Hora de saída tras a función: 20h dende a Praza de Galicia


Localización: Salón Teatro de Santiago de Compostela


Prezo da entrada: 5€







HAI 27 PRAZAS QUE SERÁN ASIGNADAS POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN: https://tomino.gal/inscricion-programa-de-mobilidade-do-centro-dramatico-galego-a-burra-a-mesa-e-o-pau/






The post Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego para acudir a ver o espectáculo de teatro A BURRA, A MESA E O PAU, en Santiago de Compostela con autobús de balde dende Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.