Tomiño
A OMIX ORGANIZA UN OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ELABORACIÓN DE XABÓNS ARTESÁNS E ECOLÓXICOS
Data de publicación: 20/03/2025
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX TOMIÑO) organiza un obradoiro de elaboración artesanal de xabóns, de 6 hoas de duración, onde aprenderanse as técnicas básicas para elaborar xabóns con ingredientes naturais, sen químicos nin aditivos, co fin de coidar a pel e o medio ambiente.
Descubrirase como seleccionar os mellores aceites e materias primas para crear xabóns personalizados, ademais de coñecer o proceso de saponificación e os beneficios de diferentes aceites e esencias naturais.
O primeiro día realizarase o proceso de saponificación e o segundo día levarase a cabo o proceso de glicerina. A formación é totalmente práctica. Ao rematar, poderase levar as propias pezas de xabón ecolóxico. Ofértanse dous obradoiros, para traballar en grupos pequenos.
Haberá dous grupos:
GRUPO 1: sábados, 3 e 10 de maio de 10h a 13h
GRUPO 2: sábados, 24 e 31 de maio de 10h a 13h
Lugar: PrazaCultura (Goián)
Prezo: 15,00€
Inscrición aquí:
The post A OMIX ORGANIZA UN OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ELABORACIÓN DE XABÓNS ARTESÁNS E ECOLÓXICOS appeared first on Concello de Tomiño.