Tomiño
Mocidade tomiñesa representa este sábado una obra teatral na Praza do Seixo que convida ao público a participar
Data de publicación: 11/03/2025
Este sábado pola mañá, terá lugar na Praza do Seixo, unha representación teatral moi especial e rompedora na que participa mocidade tomiñesa.
Un accidente de coche. Unha viaxe interrompida. Varios puntos de vista. “Todo o que pode pasar de aquí a Vila Nova” é unha peza de teatro na que o público poderá refacer o quebracabezas dun suceso que aconteceu na Praza do Seixo, sendo testemuña das súas causas e consecuencias. Trátase dun relato caleidoscópico que convida o público a xuntar os distintos fragmentos desta historia, presentada por un grupo de intérpretes da comarca do Baixo Miño de entre 18 e 25 anos.
Despois da obra, que ten unha duración aproximada de 30 minutos, terá lugar un encontro-debate co elenco, no Salón de Plenos do Concello, no que o equipo compartirá cales foron os puntos de partida para esta creación teatral e como a mesma reflicte a situación da mocidade da comarca.
SÁBADO 15 DE MARZO
PRAZA DO SEIXO
11.00h: Teatro na Rúa
11.40h: Debate (salón de plenos)
12.00h: Aperitivo
The post Mocidade tomiñesa representa este sábado una obra teatral na Praza do Seixo que convida ao público a participar appeared first on Concello de Tomiño.