Tomiño

Comunicacións

Tomiño

“Papá, imos a Tomiño!” Nova campaña do comercio local con tres premios para clientes e clientas

Data de publicación: 10/03/2025

“Imos a Tomiño!”. Esta é a mensaxe coa que ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño) convida ás veciñas e veciños a facer as súas compras nos comercios, na hostalaría e nos servizos de Tomiño, con ocasión do Día do Pai. Ademais, sortearanse tres vales para gastar en tres sectores da economía local.


A campaña, impulsada por ADETO co apoio do Concello de Tomiño e o financiamento da Xunta de Galicia, chegará ata o día 21 de marzo, no que se efectuará o sorteo entre todos os clientes e clientas que rexistren o seu ticket de compra (cun valor mínimo de 20 euros) na web da asociación. Este sistema de participación permitirá rexistrar tantos tickets como desexen desde o seu teléfono móbil, de xeito cómodo e rápido.


Entre os participantes sortearanse tres premios de igual valor (40 euros): un vale para gastar en establecementos de hostalaría, un para gastar en servizos de saúde e imaxe personal e outro para empregalo en comercios e outros servizos. Todos estes premios terán validez dun mes desde a súa entrega, e serán admitidos en establecementos asociados a ADETO.


The post “Papá, imos a Tomiño!” Nova campaña do comercio local con tres premios para clientes e clientas appeared first on Concello de Tomiño.