Este domingo celebrouse na praia fluvial do Cordeiro, en Salvaterra, a 1ª Copa Galega de Promoción de Slálom. As augas do río Tea acolleron esta primeira competición da Liga Galega de Promoción, destinada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os sete e os trece anos.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con doce pequenos deportistas que gozaron do deporte e da amizade.
Na categoría infantil feminina as nosas padexeiras dominaron a competición. En canoa, Nerea Álvarez impúxose cun gran tempo, e Leila Álvarez foi segunda na súa estrea na modalidade.
En caiac o podio foi enteiramente teixugo; Leila gañou o ouro, Nerea a prata e Rita Olveira, na súa primeira competición como infantil, acadou o bronce; Catalina Sánchez foi cuarta e Beatriz Sánchez sétima.
Pola súa banda, Iria Álvarez, en K1 benxamín, foi a gañadora da proba.
En K1 Infantil Masculino, Izan Vicente foi quinto, Lois Montenegro sexto, Alejandro Barreiro oitavo e Leo Álvarez duodécimo.
En K1 Alevín, Roque Olveira acadou o ouro ao facer a mellor manga da categoría, e Martín Vicente quedou en quinto lugar.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos gañou a proba cun total de 219 puntos; segundo foi o Montaña Quixós de Monforte, con 147, e terceiros o Piraguismo Penedo de Tui con 97.










Texto e fotos: Rosa Fernández Carrera.
The post GRAN COMEZO DE TEMPADA PARA OS MÁIS PEQUENOS DO DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS appeared first on Concello de Tomiño.