Este fin de semana celebrouse en Manzanares, Cidade Real, o Campionato de España de Arco adaptado e Arco e Saúde da RFETA. Nesta competición participou Adrián Millán Figueroa pertencente ao club Arco Trasno de Tomiño, na categoría DEI-1, de persoas con discapacidade.
O sábado na clasificatoria conseguíu unha puntuación de 519 puntos sobre 600 posibles, colocándose en 1° posición a 36 puntos do 2° e á espera das eliminatorias.
O domingo, sendo 1° pasou directo a semifinais, onde tocáballe enfrontarse co asturiano, Adrián Prada, co resultado de 6 sets a 0, pasando así a loitar polo ouro co navarro Adrián Méndez e onde tamén o galego impúxose con 6 sets a 0.
O club agradece ao Concello de Tomiño, polo seu apoio, e tamén a REFHOGA e a Froitas Berbe pola súa colaboración, ao longo destes anos.
The post Adrián Millán do club Arco Trasno, campión de España de arco adaptado en sala 2024-2025 appeared first on Concello de Tomiño.