Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O CONCELLO DE TOMIÑO E O RC CELTA DE VIGO ESTREITAN LAZOS PARA IMPULSAR O DEPORTE LOCAL

Data de publicación: 23/02/2025

Esta semana a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reuníuse coa presidenta do RC Celta de Vigo, Marián Mouriño, na sede do club vigués, nun encontro que senta as bases para futuras colaboracións no ámbito deportivo. Na reunión tamén participou o concelleiro de deportes, Rubén García, e nela constatouse que o talento tomiñes está a deixar pegada no fútbol galego.


Durante a xuntanza abordáronse distintas liñas de traballo que permitan fortalecer e promocionar o deporte de base en Tomiño, un municipio con fonda tradición futbolística e un crecemento notable da afección celtista nos últimos anos. Neste contexto, destacouse a figura de Pablo Durán, xogador tomiñés que se formou nas categorías inferiores da AD Tomiño e que hoxe defende a camiseta do primeiro equipo do Celta en Primeira División.


“Para Tomiño, Pablo Durán é moito máis que un xogador na elite do fútbol estatal. Representa os valores do esforzo, a perseveranza e a humildade, e é un exemplo para todos os nenos e nenas que practican deporte no noso concello”, afirmou a rexedora tomiñesa.


A reunión serviu para analizar diferentes proxectos conxuntos que permitan fomentar o deporte local e achegar aos máis novos ao fútbol e á actividade deportiva en xeral.


The post O CONCELLO DE TOMIÑO E O RC CELTA DE VIGO ESTREITAN LAZOS PARA IMPULSAR O DEPORTE LOCAL appeared first on Concello de Tomiño.