A OMIX de Tomiño conmemora o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor do galego e da literatura galega, cunha nova edición do xa consolidado CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA do Día das Letras Galegas 2025.
BASES
O deseño estará pensado para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta. Terá que ser dunha soa cor, para estampar sobre fondo branco. O dito deseño será libre e aberto e valorarase que sexa atractivo, inspirado e que busque a promoción do uso e a normalización do galego.
A nosa intención é plasmar NUNHA FRASE e/ou NUN DESEÑO GRÁFICO // DEBUXO dixitalizado, algo que defenda ou poña en valor a nosa lingua: o Galego. Só serán aceptadas ao concurso as frases escritas integramente en lingua galega.
TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPEN e envíen as súas creacións, serán agasalladas cunha camiseta co modelo gañador serigrafiado. Ademais, a persoa autora da camiseta contará coa difusión da súa ilustración, tanto nas redes sociais, como nos diferentes medios de comunicación.
A proposta máis votada (o xurado estará formado por membros do noso grupo de voluntariado) será serigrafado en máis de 800 camisetas que serán repartidas DE BALDE entre as persoas que participen nas nosas actividades, o 17 de maio, de 10 a 14h, na Praza do Seixo.
Pódense enviar as propostas ata o día 1 de maio a: omix@tomino.gal
PREMIOS:
1) E-Book KINDLE
2) AIRPODS DE APPLE
3) SMARTWATCH
The post A OMIX de Tomiño convoca o CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA do Día das Letras Galegas 2025 appeared first on Concello de Tomiño.