Tomiño
Comezan as visitas do Servizo de Vixilancia, Inspección e Control da Xestión de Residuos
Data de publicación: 31/01/2025
O pasado luns, 27 de xaneiro, o Servizo de Vixilancia, Inspección e Control da Xestión de Residuos (SEVIC), da Deputación de Pontevedra, iniciou as súas primeiras visitas polo concello de Tomiño (que serán de formación e información ao principio) aos produtores singulares, é dicir, o sector comercial e de hostalería, co fin de recadar toda a información que permita avaliar o cumprimento da normativa aplicable, concretamente, sobre a correcta separación dos residuos nas diferentes fraccións e garantir a súa recollida separada. Nestas visitas entregaranse guías e ofrecerase tamén contactos telefónicos para resolver dúbidas.
Se alguén quere máis información ou aclaración, pode porse en contacto co Departamento de Medio Ambiente do Concello de Tomiño (986 622001).
Nas fotos: os técnicos do SEVIC e a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Tomiño.
The post Comezan as visitas do Servizo de Vixilancia, Inspección e Control da Xestión de Residuos appeared first on Concello de Tomiño.