Tomiño
O Concello abre a votación popular para elixir aos/ás mellores deportistas do 2024
Data de publicación: 29/01/2025
O Concello de Tomiño da este ano a posibilidade de votar polos seus /súas deportistas preferidos/as a través dunha enquisa, con cuxos resultados contará o xurado á hora de entregar os galardons na Gala do Deporte 2025, que terá lugar o sábado 8 de febreiro no Auditorio de Goián, ás 20.30 horas.
Xa se pode votar as candidaturas a MELLOR DEPORTISTA ABSOLUTA FEMININA, MELLOR DEPORTISTA ABSOLUTO MASCULINA e MELLOR EVENTO DEPORTIVO.
O voto repartirase da seguinte maneira: un 30% voto popular e un 70% voto do xurado. A votación estará aberta ata o domingo 2 de febreiro.
Neste enlace pódese acceder á enquisa:
https://tomino.gal/enquisa-gala-deporte-2025
The post O Concello abre a votación popular para elixir aos/ás mellores deportistas do 2024 appeared first on Concello de Tomiño.