Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O Club Atletismo Trega destaca no Campionato Provincial de campo a través,nas categorías inferiores do programa Xogade

Data de publicación: 16/12/2024

O Club Atletismo Trega, destacou no Campionato Provincial de campo a través nas categorías inferiores do programa Xogade, conseguindo varios títulos: 1 Subcampeonato e 1 Bronce, en individual e 1 Prata e un Bronce por equipos.

O pasado sábado, o circuíto de Zamáns situado no Campo da Feira, acolleu o Campionato da Provincia de Pontevedra en idade escolar, onde congregáronse máis de 1000 atletas, reunindo a máis de 111 colexios e 22 clubs federados.

Nunha xornada tipicamente invernal invernal, propicia para o cross, sobresaíron os nosos atletas do Baixo Miño unha vez máis, obtendo por individual os seguintes resultados: OUROS para: SERGIO SILVA SOUTO na Sub14 masculina; NADIA COELLO BASCOY na Sub12 feminina, e GABRIELA LÓPEZ CADILLA na Sub10 feminina.

A PRATA levoulla ALAN DE LA FUENTE MACULEWICZ en Sub12 masculino. E o BRONCE na Sub14 feminina, ALBA VASCONCELLOS RODRÍGUEZ. Tamén destacaron os equipos sub14masculino e sub12 femininos.

Os Sub14 masculinos, conseguiron a PRATA, cuxos integrantes foron SERGIO SILVA, HUGO RODRÍGUEZ, MONCHO CARREIRO e XOEL PÉREZ.

Por último, pechou o campionato cun BRONCE, o equipo feminino Sub12, formado por NADIA COELLO, JULIA OZORES, ADELA VASCONCELLOS e ADRIANA SANTÍSIMA TRINDADE.

Moitos parabéns a todas e todos estes pequenos grandes atletas polo seu esforzo permanente e tamén aos seus adestradores.


The post O Club Atletismo Trega destaca no Campionato Provincial de campo a través,nas categorías inferiores do programa Xogade appeared first on Concello de Tomiño.