Tomiño
O Centro de Día Vontade conmemora o día internacional das persoas con discapacidade cunha mostra fotográfica
Data de publicación: 02/12/2024
Con motivo do día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra mañá, 3 de decembro, as persoas do Centro de Día Vontade inauguran a exposición fotográfica “20 ANOS DE VONTADE”
A inauguración, con visita guiada, será mañá ás 11.30 horas no Mercado Municipal de Tomiño.
A mostra fai un percorrido polos 20 anos de historia do centro. Toda a estructura que dá soporte a esta exposición, como marcos de paneis, creación e decoración dos cubos, e a selección das fotografías, foi realizada durante meses polas persoas usuarias.
Vontade, con sede en Tomiño, atende a persoas con discapacidade de toda a comarca. A directiva convida á toda a veciñanza da zona a coñecer en fotos a evolución do centro durante os seus 20 anos de existencia.
The post O Centro de Día Vontade conmemora o día internacional das persoas con discapacidade cunha mostra fotográfica appeared first on Concello de Tomiño.