Tomiño

Comunicacións

Tomiño

Un espectáculo de humor para quen non gaña sempre con Dani Blanco e unha nova edición do seu ‘Rogelio’

Data de publicación: 10/07/2024

Goián quenta motores para unha tarde de humor e circo para toda a familia. Ao abeiro da programación cultural de verán, a Praza Pintor Antonio Fernández converterase este xoves 11 de xullo no escenario de ‘Un pallaso en recuperación’, unha nova entrega do Rogelio do actor Dani Blanco que conquistará ao público cunha mestura de circo, clown, malabares, música e moito, moito humor para todos os públicos.


Un espectáculo de clown para as e os que non gañan sempre, para as e os perdedores, para aprender a rirse dun e dunha mesma e superarse. Rogelio namorará ao público coa súa historia: tras case 20 anos encerrado na casa e tras sufrir acoso e despois de seguir terapia está no último paso, facer público o que máis lle gusta, a maxia.


Unha obra inesquecible que combina artes escénicas cunha historia que toca o corazón dentro da triloxía coa que Urdime explora a soidade de Rogelio dun xeito único e cativador. A representación será ás 19.30 horas con entrada de balde.


The post Un espectáculo de humor para quen non gaña sempre con Dani Blanco e unha nova edición do seu ‘Rogelio’ appeared first on Concello de Tomiño.