Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O Rallymix Serra do Argallo-Figueiró encherá Tomiño de equipos e afección

Data de publicación: 28/06/2024

A paixón polo motor chega esta fin de semana a Tomiño. A AD Cantera Competición organiza en colaboración co Concello e coa Comunidade de Montes de Figueiró a primeira edición do Rallymix Serra do Argallo – Figueiró Concello de Tomiño, a terceira cita do autonómico de rallymix e unha proba que nace con vocación de continuidade nunha modalidade deportiva que conta cada vez con máis seguimento.


Deste xeito, do 28 ao 30 de xuño, a parroquia de Figueiró encherase de equipos e de afeccionados e afeccionadas para desfrutar de tres xornadas de competición nun certame cun tramo máis corto do habitual que fará que as diferenzas entre participantes sexan aínda máis axustadas.


A competición comezará este venres 28 pola tarde noite coas verificacións optativas para dar paso o sábado á primeira das tres pasadas previstas a partir das 14.30 horas. Xa o domingo a carreira comezará ás 08.30 horas nunha xornada na que haberá tres novas pasadas e fin de festa a partir das 13.45 horas na Praza da Casa Rectoral de Figueiró.


Dende o Concello convídase a toda a veciñanza a achegarse ata Figueiró para desfrutar desta carreira deportiva con todas as precaucións.


The post O Rallymix Serra do Argallo-Figueiró encherá Tomiño de equipos e afección appeared first on Concello de Tomiño.