Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O Concello consegue fondos da Deputación de Pontevedra para reforzar os servizos sociais en 2024

Data de publicación: 01/06/2024

O Concello de Tomiño optou un ano máis ás subvencións da Deputación de Pontevedra dirixiros aos servizos sociais comunitarios, coas que se busca mellorar a atención e apoio aos veciños e veciñas que máis o precisan.


Para o ano 2024, o Concello contará cunha subvención de 13.300€ destinada a Axudas Básicas de Emerxencia, que permitirán proporcionar asistencia inmediata a aquelas persoas e familias que se atopen en situacións de urxencia e vulnerabilidade.


Ademais, dentro do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra, o Concello recibirá un total de 73.757,14€. Este importe distribúese en dúas áreas principais: 41.757,14€ serán empregados para gastos de persoal, garantindo así a continuidade e calidade do traballo realizado polos profesionais dos servizos sociais, e 32.000€ serán destinados ao financiamento do servizo de axuda no fogar, fundamental para apoiar ás persoas maiores e dependentes no seu día a día.


Estas subvencións reforzan o compromiso do Concello en seguir mellorando os recursos e servizos sociais dispoñibles para a comunidade, asegurando unha resposta rápida e eficaz ás necesidades da veciñanza.



The post O Concello consegue fondos da Deputación de Pontevedra para reforzar os servizos sociais en 2024 appeared first on Concello de Tomiño.