Tomiño

Comunicacións

Tomiño

O Desafío Terras de Turonio volve ás rúas de Tomiño

Data de publicación: 31/05/2024

O Desafío Terras de Turonio volve esta fin de semana a Tomiño como a gran cita do ciclismo de montaña. A proba de BTT e Gravel de longa distancia está organizada por Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño e permitirá desfrutar este sábado 1 de xuño dunha carreira con centos de participantes chegados dende diferentes puntos de Galicia e Portugal.


Esta nova edición implementará unha nova modalidade, dous rutas e tres distancias para o goce das e os amantes da bicicleta. Así ademais de poder competir de forma individual ou por parella, a competición dividirase nunha proba larga de BTT 1+1 de 95 quilómetros con saída ás 09.00 horas, nunha proba Gravel de 78 km con saída ás 09.30 horas e unha proba corta BTT de 62 quilómetros con saída ás 10.00 horas.


Como en edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estará situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta, dende a cal as e os ciclistas deberán afrontar un trazado que percorrerá as serras do Argallo e da Groba e que porá a proba a resistencia de todas e todos os participantes. Con Tomiño como punto de partida, a proba tamén visitará os concellos do Rosal, Oia, Baiona e Gondomar.


O concelleiro de Deportes, Rubén García, sinalou na presentación da proba que o Desafío Terras de Turonio “é unha proba única das súas características en Galicia. O éxito colleitado nas edicións anteriores ratifica o gusto das e dos deportistas por retos tan interesantes nunha paraxe incomparable e converte a esta proba nunha cita destacada no calendario a nivel rexional e nacional”.


The post O Desafío Terras de Turonio volve ás rúas de Tomiño appeared first on Concello de Tomiño.